Exames rematados, e...
novamente traen un sabor agridoce; máis agre, que doce.
A falta de recibir a mensaxe coa última nota, o certo é que persoalmente non tiven problemas con ningunha das materias, no persoal non me podo queixar... E ata aquí chega o sabor doce.
O agre, ten máis que ver co sistema xeral e coas cualificacións da facultade, as cales inciden directamente sobre a visión que se proxecta sobre da importancia das súas titulacións. Sei que non é a primeira vez que me manifesto nesta dirección, e tamén que haberá compañeiros que non concorden co meu discurso e mesmo se sintan incómodos; o certo é que non pretendo culpar a ninguén, non é un ataque persoal cara ninguén, senón unha reflexión que abrangue a propia filosofía da profesión á que nos queremos dedicar.
Dicir que non é unha cuestión de notas, xa que non creo que realmente estas teñan a capacidade de determinar dun xeito preciso a valía dunha persoa á hora de traballar. Hai unha gran cantidade de cuestións tan importantes ou máis que as notas e que non se contemplan, dende capacidades que apenas se avalían (como a capacidade de reflexión, a autocrítica, ou a implicación) ata algo tan sinxelo como ser boa persoa (que se da por suposto e ninguén xulga, pero que se debería ter en conta).
Así, de novo quero facer unha crítica á baixa esixencia que domina en case todos os elementos da facultades, incluíndo aos profesores e ás materias, pero tamén ao alumnado. Penso que, como profesionais da educación -ou estudantes que pretenden selo-, somos nós os primeiros que debemos autoesixirnos e esixir que se traballe nunha liña que permita levar ao sistema educativo ao nivel que lle corresponde. No tempo que levo dedicándome á educación, teño escoitado centos de veces o pouco valorada que está a nosa profesión na sociedade, e indubidábel que é así, está moi subestimada; pero se realmente nos propoñemos como obxectivo cambiar esa visión que teñen de nós, debemos ser nós os primeiros en traballar por ese cambio.
Sen entrar a analizar en detalle cada un dos aspectos que eu penso que deberían de mellorar, creo que os principais serían os seguintes:
Repito, non pretendo ofender a ninguén, senón facer unha chamada de atención a todos nós, inclúome. Se realmente queremos loitar por unha educación de calidade e por un recoñecemento social, somos nós quen temos que traballar para conseguilo. Non podemos ofrecer unha educación adecuada se nós mesmos non valoramos a formación dos mestres como se merece, se non loitamos por mellorala e nos implicamos TODOS XUNTOS por un mesmo obxectivo. Aprobar pode deixar un sabor doce, pero neste caso non é máis que un reforzador positivo dun cúmulo de factores que minguan a implicación do alumnado e, en consecuencia, a calidade xeral do sistema.

- En canto a mestres e materias:
- Aumentar o nivel de esixencias das materias en xeral, en moitas delas é realmente baixo.
- Esixir que o alumnado deba escribir a título individual en todas as materias. A maioría dos exames son tipo test e a maioría dos traballos son en grupo, polo que unha persoa pode rematar a carreira sen practicamente ter nada escrito (ou, polo menos, ben escrito, porque non sinte esa esixencia). A escribir apréndese, principalmente, escribindo.
- Relacionado tamén co anterior, esixir certo nivel de análise e reflexión sobre dos contidos, demostrando que realmente están integrados e se dominan. Non limitar os contidos á reprodución, senón levalos a un novo plano de onde deben saír conclusión propias.
- En canto ao alumnado:
- Principalmente, aumentar o nivel de autoesixencia. Todos debemos facelo, eu o primeiro. Non debemos conformarnos co que se nos da feito, senón buscar, aprender, querer coñecer máis alá do que se nos ofrece.
- Relacionado co anterior, ler. Máis, moito máis.
- Creo que, tamén, ser honestos. Aínda cando é certo que un exame é unha proba puntual dun día que, realmente non proba demasiado, deberiamos (estou falando en plural, aínda que neste caso si que non me inclúo) deixar de copiar nos exames ou levar chuletas. Repito, son consciente de que o exame non é o método idóneo de avaliación; pero tamén penso que menosprezar a valía do coñecemento teórico é tan absurdo como menosprezar a valía do coñecemento práctico.
Repito, non pretendo ofender a ninguén, senón facer unha chamada de atención a todos nós, inclúome. Se realmente queremos loitar por unha educación de calidade e por un recoñecemento social, somos nós quen temos que traballar para conseguilo. Non podemos ofrecer unha educación adecuada se nós mesmos non valoramos a formación dos mestres como se merece, se non loitamos por mellorala e nos implicamos TODOS XUNTOS por un mesmo obxectivo. Aprobar pode deixar un sabor doce, pero neste caso non é máis que un reforzador positivo dun cúmulo de factores que minguan a implicación do alumnado e, en consecuencia, a calidade xeral do sistema.
Comentarios
Publicar un comentario