Educando na diversidade - lanzando cuestións.
O día de hoxe quero comezar cunha nova compilación de entradas na bitácora onde, dun xeito máis marcado, quixera que participásedes. Non sei ata que punto a participación será suficiente para animar o blog de vez en cando con entradas coma esta, pero estes días anda unha idea rondando pola miña cabeza e eu sempre son partidario do intercambio de opinións como base para a aprendizaxe, así que vos lanzo a cuestión para ver se vós tedes unha resposta.
A idea xerme á que ando a darlle voltas é a necesidade de educar na diversidade dende a primeira infancia, procurando así sentar as bases para unha vida libre de prexuízos. Nunha sociedade na que, por fin, parece que se poden canto menos cuestionar os estereotipos dominantes, penso que a educación debe ser un dos catalizadores do cambio e a que garanta a instauración dos mesmos. Pero, sendo así, cal é a mellor vía para logralo?
Eu persoalmente contemplo dúas posibles premisas que, loitando pola mesma finalidade, son diametralmente opostas:
a) todos somos persoas, pero somos disintas, ou
b) todos somos distintos, pero somos persoas.
Sei que pode parecer o mesmo, pero no fondo creo que non é así. Cando partes da premisa a), pretendes entender aos individuos que conforman a sociedade dende o que os fai ser persoas, aceptalos como persoas para, despois, recoñecer a súas diferenzas. Cando partes da premisa b) fas énfase nas diferenzas, para, nun segundo paso, recoñecer a eses individuos particulares como persoas. O obxectivo final é o mesmo, eliminar os prexuízos ao entender que todas as persoas somos distintas, pero penso que o xeito de alcanzalo pode ser moi distinto.
Tal e como eu o entendo, para traballar dende a premisa a), tería que traballarse o respecto dun xeito máis integral, empezando por entender que todas as persoas son merecedoras del independentemente das súas particularidades, para despois acoller calquera diferenza dun xeito natural. Por outro lado, seguindo a premisa b), as diferenzas deberían explicitarse dun xeito máis marcado e, grazas a elas, chegar a xeneralizar o respecto dende os casos concretos á totalidade.
Vós que pensades?
Muy buena reflexión. Me gustaría escribir algo de lo pienso al respecto. Primero, por supuesto que la educación es la base de todo; la inclusión es una pretensión real, q aparece como uno de los principios y fines de la educación en la ley. Luego, en cuanto a esas dos oraciones... considero q le va mejor una coordinada: todxs somos personas y todxs somos diversxs, en el mismo grado. "Diferente" hace referencia a algo q se sale de un patrón, por eso "diverso" me parece más acertado
ResponderEliminarConsidero que para crear unha sociedade libre de prexuizos, o primeiro que temos que facer e reflexionar e cambiarnos a nós mesmos. Tod@s temos prexuizos, por moito que intentemos aparentar o contrario, prexuizos que dende unha idade moi temperá están instaurados case por '' natureza ou defecto'' en nós. Digo por natureza, porque é algo que o vivimos dende pequenos e non loitamos contra eles. Penso que a túa reflexión é moi interesante, e por iso eu non me decantaria por ningunha... Senon que faria un conxunto de ambas opcións. Por outra banda, creo que os mestres temos un papel fundamental na vida dun neno, por iso penso que unha das claves necesarias para '' crear'' esa sociedade libre de prexuizos é convidalos a ser persoas críticas, tolerantes e abertas. Un mundo no que o respecto sexa o que nos una e que as condicións individuais non nos separen.
EliminarPd: Comecemos por nós mesmos!
Primeiro de todo, moitas grazas por participar, sempre é unha alegría ter comentarios por aquí.
EliminarPor suposto, a "saída do medio" onde se coordinan as dúas opcións é válida, tal vez sexa incluso un ámbito máis no que xogar entre unha opción e outra tendo en conta os preconceptos do alumnado... Ao que eu quero chegar é un pouco á idea de que está ben facer actividades encamiñadas ao aprecio pola diversidade, pero tamén ser conscientes das implicacións de cada tipo de actividade proposta.
Minerva, en canto ao teu comentario, por suposto... Non sei se os mestres somos moi malos mentindo ou as crianzas moi boas descubrindo a verdade, pero desde logo non lles podemos transmitir un valor no que nós mesmos non cremos
Se hai algo que me alegra facendo un percorrido diario polas redes sociales, e atoparme reflexións como está e vendo que hai xente no mundo que si cree no avance dunha sociedade para mellor. No meu dia a dia, traballo con un colectivo de persoas con diversidade auditiva e o seu entorno, onde a maioria de nenos e nenas están en colexios ordinarios, o cal e un avance máis. Non obstante, queda moito camiño por diante, que seguro, vendo os futuros mestres e mestras que van acontecendo, se logrará. Tamén opino que mais que solo educar na escola, se debería facer no entorno, na sociedade en xeral, nas casas, nos fogares xa que non hai mellor forma de xeneralizar unha aprendizaxe que facendonos a todos e todas participes. Noraboa pola tua Bitácora Rio.
ResponderEliminarFdo: Fefi
Moitad grazas pola túa participación, Fefi, alégrome de que che parecese interesante a entrada e agardo verte máis veces por aquí.
EliminarContinúa coa túa labor, que non dubido da túa implicación.
Un bico forte.